É unha materia obrigatoria do plan de estudos que consta de 9 créditos. O seu propósito central será relacionar a formación adquirida no mestrado cos diferentes contextos e especialidades clínicas nas que pódense desenvolver o exercicio terapéutico en fisioterapia. Tamén terá un papel chave no achegamento e aplicación dun protocolo de exercicio terapéutico que apoiará o traballo fin de máster que deberá desenvolver tamén o/a alumno/a matriculado/a no devandito mestrado.
Sería desexable que as prácticas se desenvolveran en centros clínicos, hospitais, residencias de persoas maiores e outras institucións sanitarias públicas e privadas con convenio coa
Universidade de Vigo e que entre as súas condutas clínicas fisioterapéuticas empreguen o exercicio terapéutico como modalidade esencial no tratamento dos pacientes.
Prácticas externas – curso 2024/2025
Guía para a elaboración do prácticum
Coordinación das prácticas externas
Irimia Mollinedo Cardalda