Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia
O mestrado é un título da Universidade de Vigo que se desenvolve na Facultade de Fisioterapia de Pontevedra e pretende formar fisioterapeutas de forma especializada no exercicio terapéutico para tratar patoloxías, ampliando a súa base de coñecementos e mellorando a súa competencia profesional.
O programa formativo facilita ao futuro alumnado a adquisición das competencias necesarias para realizar unha análise crítica do nivel de evidencia científica sobre o exercicio terapéutico, orientando aos profesionais da Fisioterapia na investigación neste campo. Tamén contribúe para seguir estudos de terceiro ciclo.